AZUL

AMO e escravo
acordan complexos mecanismos de excitación
e reordenan personalidades fraudulentas.
Gritan e os seus gritos son gritos de dor,
anque nada semellante á dor exista
no último das súas bocas.
A dor pactada,
a dor que descansa os cárceres,
a dor que ronpe a herencia das circunstancias,
a dor que borra as carexas maternas,
os preceptos do uso recto e mimético,
esa dor é unha espiral que desgarra a carne
como un tirarrollas
e derriba espacios íntimos
que ninguén pisou nunca e nunca intuiu.
Ti non es ti e sábelo.

Antón Lopo.

[En honra a Ti, Poeta...]

No hay comentarios: